SPRINT MOTOR é unha publicación integramente escrita en galego que intenta reflecti-la realidade do motor tanto da competición coma do sector comercial de Galicia e máis detalladamente da área metropolitana de Santiago de Compostela.
Esta publicación naceu o ano 1995 recollendo as inquietudes dun grupo de xornalistas afeccionados ó motor convencidos da necesidade de ter un medio que se expresase na lingua galega e que recollese aspectos e contidos que xeralmente non eran divulgados por outras revistas ou xornais de carácter nacional e incluso autonómico.
Ó longo deste período foron moitas e moitos os colaboradores que mes a mes foron construíndo este puñado de páxinas que xa son historia do xornalismo especializado desta terra.
A partir de xaneiro do 2005 SPRINT MOTOR empezou a introducir a cor nas súas páxinas despois de preto de 100 números imprimindo en escala de grises. Este fito foi moi ben valorado por todos os actores implicados, sabedores do grande esforzo que isto nos supuxo como editores.
En outubro do ano 2009 dimos un salto cualitativo e de calidade moi importante, SPRINT MOTOR comezou unha nova andaina en formato A4. Ou sexa, no que se coñece como formato revista.
Agardamos que esta década que estamos a vivir vexa a culminación e consolidación de SPRINT MOTOR, que empezou sendo un pequeno proxecto para converterse nunha gran realidade.

Redacción:
e-mail:
redaccion@sprintmotor.com

Director: Xurxo Sobrino
e-mail: xsobrino@sprintmotor.com

Responsable sección competición: Miguel Cumbraos Alvarez
e-mail: miguelcumbraos@gmail.com

Xefe de probas: Ray Mosquera
e-mail: probas@sprintmotor.com
Webmaster: cidresanchez@gmail.com

Enderezo Postal:

 Avda. da Liberdade, nº 16, 4ºA - 15706 Santiago de Compostela 


© Sprint Motor